menu_pasto_ga
Información Legal    
castellano | galego ]   
Coñece tódalas denominacións de orixe da comunidade galega                            
 
Agricultura quere apuntalalas funcións das denominacións
13/10/2005

Abogou por mantelos mecanismos de protección para a diversidade da agricultura europea.
 
 

O director xeral de Agricultura da Comisión Europea (CE), José Manuel Silva, e a ministra de Agricultura, Elena Espinosa, pecharon onte cun almorzo-coloquio as "Xornadas sobre futuro da PAC e mercado agroalimentario internacional" organizadas no Pazo de Mariñán polo Ministerio de Agricultura (MAPA) e Efeagro, có patrocinio de Tragsatec. Jose Manuel Silva opinou que, dende o punto de vista dos productos agroalimentarios, canto máis se retrase o acordo comercial entre a Unión Europea e Mercosur, máis caro lle costará o sector agrario europeo. O director xeral de Agricultura da CE explicou que o acordo comercial con Mercosur, que calificou de "moi ambicioso", estivo a piques de pecharse en 2004, nuns términos "moi baratos" para o sector agrario, aínda que finalmente postergouse pola falta de posturas comúns dos países de Mercosur en temas non agrarios e apuntou que será difícil que se chegue a un acordo este ano. A ministra de Agricultura, Elena Espinosa, indicou que a cuestión fundamental é manter a compatibilidade dos acordos que se alcancen no seno da OMC coa nova PAC, para non ter que asumir novas reformas, e insistiu na necesidade de lograr unha adecuada protección das indicacións xeográficas. "Non haberá acordo final sen que este tema teña un tratamento razoable", indicou Espinosa, que tamén abogou por manter os mecanismos de protección que sexan precisos para salvaguardala diversidade da agricultura europea, a través dos denominados "productos sensibles".
En canto á reforma da PAC e a súa aplicación en España, onde entrará en vigor en 2006, e reiterou a conveniencia de adoptar un desacoplamento parcial, Espinosa asegurou que manterá as rentas dos agricultores. Respecto o desenrolo rural, a ministra criticou que a CE queira ampliar os seus obxetivos e dispoñer tamén de menores perspectivas financieiras, polo que pediu que o presuposto para desenrolo rural creza o mesmo ritmo que o do resto de políticas comunitarias consideradas estructurais.

Información obtida de La Región

 
Agricultura quere apuntalalas funcións das denominacións
13/10/2005
Abogou por mantelos mecanismos de protección para a diversidade da agricultura europea.
Polémica entre Rías Baixas e Ribeiro
11/10/2005
Presentábase un viño da variedade albariño baixo a Denominación de Orixe Ribeiro.
Galicia produce o 95% do mexilón consumido cada ano en España
11/10/2005
As 250.000 t. anuais producidas sitúan a Galicia como un dos principais puntos de producción de mexilón.
A Coruña acolle o I Salón de Viños e Augardentes de Galicia
11/10/2005
Este evento rexistra unha alta participación de productores que se exhiben en Palexco.
Valdeorras solicita permiso á Xunta para os seus viños
10/10/2005
O Consello Regulador solicitará permiso á Xunta para elabora-los viños de reserva
173000 Litros para a nova cooperativa
10/10/2005
La nueva cooperativa de la Denominación de Origen comercializa 173.000 litros de vino
Untitled Document
::   Ecogalicia.com   ::    Copyright © 2004   ::   Plusmatic Soluciones S.L.   ::   Parque Tecnolóxico de Galicia - San Cibrao Das Viñas - Ourense   ::